EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

jueves, 4 de octubre de 2012

Antiga entrada de tuenti...

Esta era a entrada orixinal, con título, data e texto orixinais:

DIN QUE É O NOME DUN GRUPO (Un premio pa quen o acerte)
11 de Feb ás 15:28


La reconocerás al verla. Sabrás que es ella porque siempre, siempre, siempre te va a dedicar una sonrisa; una hermosa sonrisa perfecta que te encandilará y hará que pienses que es la chica más adorable que jamás has conocido. Te mirará con esos ojos tan lindos y te sonreirá, te hablará con su dulce voz, sin dejar de sonreirte. Desde el primer momento tendrás la impresión de que estuviera enamorada de ti, pero no sabrás lo que en verdad siente o piensa.

Hace tiempo que sueño con esa hermosa sonrisa. Busco la luz de esos ojos tan lindos y me paro a escuchar su dulce voz. Yo tampoco sé lo que piensa ni lo que siente. Nunca deja de sonreírme, sin sospechar ella tampoco lo que yo estoy pensando; que ojalá pudiera ella saber lo que siento!


E tamén tiña unha foto toda chula no móbil pero non a atopo... debín de perdela porque era no móbil anterior... :S


martes, 25 de septiembre de 2012

Quixera ser

Quixera ser...


os teus dentes para bicar sempre os teus beizos,
a túa lingua para vivir sempre na túa boca,
as túas pálpebras para pechar os teus ollos,
toda a roupa que a túa pel toca.
O teu corazón para beber do teu sangue,
o teu sangue para perderme no teu corpo,
pero sobre todo, por riba de todo iso,
quixera ser eu e vivir nos teus soños.

lunes, 21 de mayo de 2012

This is the only way for me to say "I love you";Words don't come easy.

Por el día pienso en ti, me invento la vida a tu lado;
cualquiera, incluido yo mismo, pensará que estoy chalado.
Por la noche también me invento que de tu vida soy el dueño,
más descubro al despertar que eres dueña de mis sueños

domingo, 6 de mayo de 2012

FELIZ DÍA Á MULLER MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Fun remolón xa para saír
E non deixei de selo nunca.
Logo de 21 anos
Inda hoxe é coma aquel día
Cando necesitaba do calor,
Inda que era primavera,
Dos teus maternos brazos,
Agarimándome sempre,
Do teu corpo
E do teu ventre, do que eu
Saín un bo día.

Moitas felicidades por ter un fillo
Así, que te quere un montón, e
Moitas gracias por terme criado tan ben
Aínda sen ter o manual de instruccións.

viernes, 4 de mayo de 2012

Texto para ler tumbado

Muchas veces viene por sorpresa
a mi mente una loca idea, que
rompe con las leyes de la lógica e
inicia una historia imaginaria
a tu lado que nunca ocurrirá.

Un día sí y otro también
rompes mis pocos esquemas, me
impides vivir, vivo pues
a tu manera, sin que tú lo sepas.

Así vivo yo, a veces se me va la olla,
lo dejo todo por ti, y mañana
vuelvo a mi rutina de ayer, y ni me acuerdo.
a veces me pregunto cuánto durará mi cordura,
raro es que aún me quede alguna, pronto loco
estaré si no lo estoy ya de remate;
zenzerro, con zeta, es mi segundo nombre.

jueves, 26 de abril de 2012

Soneto da Esperanza

Aló onde remata o camiño
dixémosche adeus despois que te foras,
e se nos ves dende o lugar que moras
saberás que non se esquece o cariño.

Non mellora cos anos coma o viño,
non é como foi nas primeiras horas,
máis hai ás veces momentos de choras
de quen añora o teu caloriño

Se foi Deus quen te arrincou da Terra
sería pra rodearse dos mellores,
cántos misterios esta vida encerra!

Sempre axudaches a quen tiña dores,
ata que esa enfermidade perra
deixou ao mundo sen os teus amores.

lunes, 23 de abril de 2012

I jaf a drim

Tiven un soño,
un soño fermoso,
era, como soño,
moi fantasioso;

eramos libres
o mundo era noso
non había crise
nin rastro voso
nin rastro de cartos
viviamos do troco.

Non había ricos
non había chupóns
non había mangantes
tocándonos os collóns;
Fóra capitalismo,
fóra eleccións
que mande o macho alfa,
sigamos a evolución
cada un que rece o que queira
pois ninguén nolo impón.

Podiamos pensar e dicir o que pensabamos.
Se algo estaba mal a un acordo chegabamos.
Ás veces había hostias, non era todo perfecto
pero arranxabámolo nós non vos precisabamos.
Non había porras nin bolas de goma
non había monas tocándonos a pirola
non existían nike, burguer king nin CocaCola
pero logo espertei de novo nesta realidade tola

miércoles, 18 de abril de 2012

SONETO DA DAMA DE BRANCO

Pel de pantasma, de carbón o pelo;
no seu rostro dous negros túneis sen fin,
os seus beizos brancos faltos de carmín,
sangue nas veas parece non telo.

Quedas atrapado sen poder velo,
eu cunha soa mirada caín,
só con ollarme apoderouse de min;
non tentes fuxer, non podes facelo.

Ela volve a túa vida escura,
xa non serás máis dono da túa vida,
caerás na máis inmensa loucura,

farás o que queira sen que cho pida;
se probas a súa amarga dozura
será a túa dama preferida

martes, 3 de abril de 2012

El mundo se desmorona sobre mí, y no contento con aplastarme y hacerme daño, me deja salir vivo, me deja ver la luz, me ofrece una nueva esperanza, únicamente para volver a derrumbarse aplastándome de nuevo. Si existe alguien ahí arriba moviendo los hilos de este mundo, por favor, QUE SE VAYA A LA PUTA MIERDA!!!

martes, 27 de marzo de 2012

BEHR

Érase un hombre bueno
fama de trabajador
sin mucha suerte en el juego
le iba bien en el amor.

La vida le sonreía
y el hombre se lo creyó
y en cosa de unos meses
su futuro se torció.

Malos tiempos para todos
pobre hombre se estresó
se quedó sin su trabajo
y el dinero se agotó.

Por cuestión de mala suerte
su querida lo dejó
y entre una y otra cosa
la salud se le jodió.

Ya no ríe, ya no canta,
ya no cree en el amor;
ahora vaga por el mundo
muerto en vida, sin color.

Ya no ríe, ya no canta,
ya no cree en el amor,
y las putas son muy caras
poco menos el alcohol.

lunes, 26 de marzo de 2012

Retorno

SAE DA MIÑA VIDA!

Ódiote! Día tras día fas que me sinta mal,
Invades a miña mente e contrólala como che
Da a gana, apoderándote do meu pensamento.
Anulas a miña vontade, rómpesme os esquemas,
Decides por min e xa non son eu! Vaite! Vaite
E non volvas NUNCA!

sábado, 24 de marzo de 2012

Y ahora es demasiado tarde, el tren salió, de la estación!

O tren que me deixou quedar atrás chegou xa moi lonxe, imposible de acadar, e agora vexo como outro tren pasa pola vía, pegadiño ao andén dende o cal eu vexo como os pasaxeiros e o revisor me saúdan coa man, e vaise polo mesmo sitio por onde se foi aquél fai tempo. Este tren é eléctrico e non deixa o rastro de fume que aínda percibo, tanto tempo despois, que deixou aquel tren de vapor na súa partida. Agora ben, a miña pregunta é ben sinxela... ¿Por qué estou indeciso entre dous trens que xa perdín no canto de buscar un billete que aínda estea dispoñible na taquilla? A resposta é que eu funciono así de raro!

miércoles, 14 de marzo de 2012

Jerarquía desordenada de sentimientos,
una marabunta de ideas;
los sueños son ideas,
ideas que no entendemos,
así me siento yo.

Sueño siempre contigo,
o nunca, no lo sé,
unas veces creo que
te quiero y otras que no siento nada por ti;
unas veces te quiero,
lo grito a los cuatro vientos y me muero por decírtelo a ti pero no
logro hacerlo, bien sea por no hacerte daño
o por no hacerme daño yo.

Lo guardo para mí, no quiero
oír un no, y un sí me parece tan lejano e
improbable que a veces no sé si quiero que lo
sepas tú.

Soños

Os soños son soños, son irreais, inverosímiles, raros e retorcidos;
Son os soños.
Os meus soños son máis irreais, máis inverosímiles, máis raros e máis retorcidos;
Son os meus soños.
Pero os meus soños son reais na medida na que os meus pensamentos non o son, non habendo diferenza entre soñar ou estar esperto. Ogallá te tivera como te tiven no meu soño. Ogallá non fora un soño. Ogallá non te foras cando chegou o amencer.

jueves, 2 de febrero de 2012

Con teas de araña, pero segue aberto!

Unha morea de meses despois (2 anos ou algo así) dáseme por escribir aquí unha simple mostra de que recordo a contraseña.

Aínda que me poña a escribir de vez en cando de novo, volverei a deixar este blog abandonado antes ou despois, e aínda por riba cada vez son máis consciente de que teño moita imaxinación pero non sei plasmala sen recurrir a unha descrición detallada do que imaxino. Non me parece unha lectura demasiado interesante, pero bueno, xa que utilizo esta conta para visitar outros blogs de vez en cando, non está de máis telo por aquí, ;)

martes, 26 de enero de 2010

Dentro duns días pasará un ano e chegarei de novo ata aquí

Uns días, só uns insignificantes días máis e logo poderei respirar de novo, fondo, xunto a ti. Voltarán esas tardes nas que ata un aburrido libro de texto de historia, de galego ou de química pode converterse nunha fábrica de risas, esas tardes de sorrisos e miradas de complicidade. Esas tardes sen fin. Esas noites especiais nas que unha mirada, unha palabra, un abrazo, un bico, un xesto... pode deter o tempo ao noso redor, e arredarnos infinitamente do mundo no que vivimos, para ir parar a ese mundo de fantasía que é estar ao teu carón.
Tamén voltarán os xoves santiagueses con vós, voltarán as litronas, as expedicións polo Campillo, e pola zona vella, e as voltas á casa ao amencer, escarallados, e con moitas anécdotas, que se multiplicarán ao espertar, igual que se multiplicará a dor de cabeza. Voltarán tamén as clases, os horarios malditos do plan Bolonia, e as fins de semana voltarán ser para desconectar, e non para estudar aínda máis.
A realidade pararase para dar paso á imaxinación cando, por fin, chegue de novo o entroido, as brincadeiras por aí adiante, nun mundo onde só existe a maxia, a diversión e, se hai sorte, algún que outro premio. As filloas, as orellas, a troula sen descanso, as refrescantes cervexas e eses bocadillos cando o corpo está a piques de dobrar por canta esquina hai porque xa non dá máis de si.
Todo o que agora desexo que volva, non tardará en se converter na rutina que xa foi, pero entón desexarei que volva a etapa seguinte, o verán, no que o mundo cambia. O traballo pasa de ser estudar a ser currar de verdade, pero o tempo libre xa non será seguir estudando e estudando, senón que será o que a min me pete. Pasar tardes e tardes estomballado na praia convosco, estomballado na herba contigo, ou estomballado na cama porque a festa deixa a un medio morto. E en toda esta festa, un inciso para recuperar as matemáticas, pero iso, amigos meus, impórtame un carallo.
Despois empezará un novo ano lectivo, que non terá coma este, a estraña experiencia de entrar na universidade, nin a estraña experiencia de compartir piso con vós por primeira vez, pero que terá a valiosa experiencia de ser un pouco máis experimentados, e pasará voando o tempo, e de novo nos arrepentiremos de non ter collido máis apuntes, e de novo un Nadal rañando a pirola, e de novo uns exames, e de novo este desexo de que rematen.
En fin, así é a nosa vida vista a un relativamente curto prazo. Segundo se mire pode parecer monótona, repetitiva ou miserenta, pero eu teño pensado aproveitar a maxia de cada momento, que é o único que levarei comigo desta vida. Bueno, iso e máis o bandullo ben cheo.

domingo, 26 de julio de 2009

Caparazón

Non sabería definir aquilo... era como sentir que había alguén aí... alguén que me coidaba e me protexía, e sería así por sempre. Por iso se, aínda que fose só por un intre, un día, deixaba de sentir esa presenza, volvíame vulnerable ante absolutamente todo o que me rodeaba.
Isto foi só unha conclusión tirada do soño que tiven unha noite... a noite na que, fai moito tempo, soñei que ti serías para min!

sábado, 25 de julio de 2009

Un diluvio sen arca II

Foise a luz e os edificios seguían caendo un tras doutro. Tomás non sabía se chorar, se berrar, se abrir os brazos ao ceo e agardar o milagre... En realidade estaba a facer un pouco de todo á vez. Entón, advertindo que a masacre seguía a aproximarse a gran velocidade pola súa dereita, derrubando edificios como se foran castelos de naipes feitos no aire, volveu ollar cara a ventá e comprobou con angustia que dun remuíño de vento nacera un tornado que ía aumentando en tamaño e intensidade a medida que se achegaba pola súa esquerda. Tomás lanzouse ao chan do seu cuarto, meteu a cabeza entre os brazos e coma un cadelo asustado ficou quedo ata sentir un forte temblor, que durou unhas décimas de segundo que a el se lle antollaron eternas. Logo... nada! Non se derrubara o edificio. O balbordo da auga pola rúa a moitos metros do chan, así como o estrépito co que os edificios caían un a un foise afastando sen que Tomás puidera comprender que diaño estaba a pasar. Correu á fiestra unha vez máis e comprendeu que aquel tornado se producira no instante preciso e coa intensidade precisa para atoparse coa forte corrente de auga no punto preciso para desviala. Así foi que o tornado avanzou libre por onde a auga xa actuara sen piedade, e abriu a corrente en dúas, de maneira que continuou a destrución uns metros máis aló da vivenda do noso pequeno protagonista.
Tomás xa non sabía se estaba esperto, se estaba a soñar ou se tal vez se atopaba dentro dunha película de medo. Entón recordou aquela voz que falara antes do diluvio e sacando medio corpo pola xanela berrou cos brazos abertos ao ceo: “Deus, es ti, verdade? Grazas por acordarte de min!” Entón o ceo abriuse por un momento, e esta vez a voz soou moi feminina, aínda que forte e retumbante: “Non, Tomás, non son Deus, pois se o fose non estaría da miña man castigar a toda esta xente. Deus só é quen de castigar a quen ten fe e teme os seus castigos, e só pode axudar a quen cre na súa axuda. Por iso isto só o podo facer eu, porque a min sí que pertencedes todos vós, os mesmos que me estabades a matar dende dentro. Son a Natureza e podes chamarme Gaia”

Esperado, inesperado... enfin... espero que vos gustase.
PD: O desenlace estaba pensado dende o principio, cando escribín a primeira parte xa tiña unha idea sobre o final, aínda que a fun redactando según a iba escribindo, pero o final xa estaba pensado antes que nada, xDDD

viernes, 24 de julio de 2009

Un diluvio sen arca I

Era unha tarde escura do mes de novembro. De súpeto abriuse o ceo e saiu unha voz grave, forte e seria, con tono de enfado, que dicía: “Así pagades a oportunidade que vos dei para vivir? Terase que repetir a historia do diluvio unha vez máis!” Tomás estaba no seu cuarto cando isto ocorreu, e asomárase a fiestra para ver o que pasaba. Puxéronselle de garavata ao ver e escoitar aquilo.
De xeito case instantáneo, o ceo pechouse de novo, e as nubes q antes eran escuras, voltáronse agora dunha cor estrana, entre un negro ameazador e un violeta iracundo. Comezou a chover e Tomás que sempre fora un rapaz concienciado no aforro enerxético e no respeto á natureza, pensou que el non merecía estar incluído naquel terrible castigo. Dende ben pequecho, ensinado polos seus pais, así como polos seus mestres na escola, sempre fixera o que estaba nas súas mans para reciclar, aforrar auga e enerxía, contaminar menos, etc. Por iso pensou que se Deus era quen estaba a facer aquilo, sabería o que tiña que facer, e quen era ou non era merecedor do castigo ou da salvación. Por iso, malia que con algo de inquedanza, tratou de seguir coa súa vida máis ou menos normal, como se só fose un día máis de chuvia. Pero na televisión e na radio as noticias de mortes por aquel diluvio sucedíanse cada vez con máis frecuencia, os danos materiais e persoais eran catastróficos, a auga corría polas rúas de cidades e vilas de todo o mundo arrastrando casas e estradas, e chegando a xerar ondas que engulían os máis altos rañaceos do mundo. De súpeto, unha onda xigante entrou con gran furia na rúa onde vivía Tomás, e comezou a arrasar con todo o que atopaba. Nos medios de telecomunicacións non daban abasto, e Tomás comezaba a desesperarse. Entón a radio perdeu sinal, e a imaxe e son da televisión foron como absorvidas dentro do propio televisor. Foise a luz e os edificios seguían caendo...

miércoles, 22 de julio de 2009

A máxica chuvia do verán

Era unha tarde de verán, pero semellaba que o inverno estaba a petar á porta. Chovía intensamente, e non parara en todo o día. Xa chovera de madrugada, e seguiría chovendo polo menos ata a noite. “Nunca choveu que non escampara”, díxolle un rapaz calquera, dun lugar calquera á súa nai, para engadir logo: “Pero tamén din que para todo hai unha primeira vez”.
Aquela muller sabía que o único que lle acontecía ao seu fillo era que nun día así botaba máis de menos á súa moza, e extrañábaa ao seu carón. No entanto, o rapaz estaba a pensar que se tiña tantas ganas de estar con ela era porque aquela rapariga o convertía no ser máis feliz do mundo.

PD: Escrito por Geno nunha chuviosa tarde de verán.

lunes, 11 de mayo de 2009

3...2...1... SORTE!

Faltan poucos días. Oito din por aí..., non sei, serán... eu non levo a conta, pero si, agora párome a pensalo e quedan 8 días para rematar as clases, máis uns días máis para os que temos que facer algúns dos exames finais. Despois virá un mes de nervios e preparación para a temida Selectividade. Eu atópome bastante tranquilo ao respecto. Logo diso o verán máis longo, máis relaxante e máis esperado e ansiado das nosas vidas, que en breve comezarán unha nova etapa. Só me queda desexarlle sorte a todo o mundo e que cada un poida cumprir aquilo que quere, que anhela. SORTE!

sábado, 9 de mayo de 2009

XY

O 19 de decembro do pasado ano, nun fotolog aparecía o seguinte texto(que para ser sincero mos puxo de garavata cando o lin):

X
chamábase el e Y chamábase ela.
Pasaban as tardes xuntos, sorrindo baixo a sombra dun carballo. Entón el ollou para ela e, acercou os seus beizos os dela. Logo marchou. Ela quedou queda, os seus ollos humedeceron. Sabía que el non iba voltar, nin eses beizos a volverían bicar.


·

·

2 días máis tarde, nese mesmo fotolog puiden ler isto:

Pechou os ollos, desexando que aquilo non pasara.
Comezou a chover nos seus ollos. El voltou a ollala e sacando un pano do seu peto secoulle as bágoas.
- Non chores miña nena, esto non é o final, senón unha breve pausa.


·

·

Hoxe, a 10 de maio de 2009, estou a escribir este texto:

X ten chorado
moitas veces logo daquilo... Y xamais o fixo en circunstancias semellantes! Y só chora cando non pode máis, cando se non chora rebenta... X chora cando lle peta, cando decide que non quere aguantar as ganas de chorar... X chora de felicidade, de tristura, de rabia, do que faga falla! Y chora de rabia ou de desesperación, pero xamais chora por X. Nunca o fixo. Fai un ano e medio que Y e X comparten algo máis que unha amizade que foi crecendo á par do amor que existe entre eles. E a estas alturas, os dous saben só con mirarse aos ollos, que o outro vai estar aí sempre e máis despois, e por iso X está disposto a pasarse a vida chorando de felicidade como adoita facer, aínda que teña que deixar o soldo en panos de papel, pois nunca experimentou nin experimentará ledicia comparable á de saber que Y estará ao seu carón para coidar do seu inmenso xardín de palmeiras!

Aquí adxunto probas da autenticidade de ambos fragmentos:
http://www.fotolog.com/melii_puu/73309513
http://www.fotolog.com/melii_puu/73409080

jueves, 19 de marzo de 2009

Master of Puppets (Metallica) & R7. O jran batacaso (HDC) COVER



Namais embraghar, pisar a fondo o ghas, e salir trillando roda!!
Sin mirar pa tras, todo da ijual, cando imos qeimando joma!!

Que mais da jastar, si paja papáa
ti pisalle duroo, coidado co murooo

Coidado neno!! botalle o freno!!
Non podo nenoo!! que me enveneno! neno!

Estou exsitado non podo parar!
O aselerador non podo soltar!
A sento sincuenta e esto vai a mais!
A sento noventa e vai rebentaar!
Neno! Neno!
Enveneneime solo podo dar jas!
Neno! Neno!

Que carallo fas? mira por onde vas! Que levas todo por diante!
Xa atropellaste un can, o abuelo de Pemán, e unha vella de Alicante!

E que máis dará, si paja papáa
ti pisalle duro! coidado co muroo!!

Coidado neno!! botalle o freno!!
Non podo nenoo!! que me enveneno! neno!

Estou exsitado non podo parar!
O aselerador non podo soltar!
A sento sincuenta e esto vai a mais!
A sento noventa e vai rebentaar!
Neno! Neno!
Enveneneime solo podo dar jas!
Neno! Neno!

Neno!Neno!Non des jas e pisa o freno!
Neno!Neno!Imonos espetaar!
Freno!Freno!Non te exsites pisa o freno!
Freno!Neno!Que non son capáas!!

(Solo)

Sera por non avisar! esto acaba mal! vaia ostia nos metemos!!
Camiño do hospital! non paro de pensar! Como non pisaste o freno!

Tiñas que frenar, e ti veña dar jas
e por tanto apuro, comemos o muro!!

Coidado neno!! botalle o freno!!
Non podo nenoo!! que me enveneno! neno!

Estou exsitado non podo parar!
O aselerador non podo soltar!
A sento sincuenta e esto vai a mais!
A sento noventa e vai rebentaar!
Neno! Neno!
Enveneneime solo podo dar jas!
Neno! Neno!

jueves, 20 de noviembre de 2008

Je suis dans un monde parfait

Recordo unha vez, sendo un cativo, que soñei que tiña ao meu carón a muller máis fermosa, máis adorable e máis cariñosa que un home podía sequera imaxinar. Recordo moi ben aquel soño, que ocupou a miña cabeza durante unha boa tempada. Durante anos vivín soñando con que o meu soño se cumprise. Agora, só soño, que xa se fixo realidade, con que o meu soño non remate nunca!!

Exame de bioloxía mañá... mecajonascetosasenabilirrubina!!

sábado, 15 de noviembre de 2008

Máis soños... e QUE SOÑOS!

Ola un día máis a todos e a todas. Onte non estaba inspirado, pero despois de falar coa miña raíña entroume a inspiración de golpe, tanto que me metín na cama, e pese a ter moitísimo sono, escribin todo este relato que a continuación vos presento, e que espero que vos guste:
___________________________________________________

Só tiven que pechar os ollos para pasar da escuridade do meu cuarto ao mundo da fantasía e da ilusión; o mundo dos soños. Xa por aquel entón andaba eu moi namorado, e tiña a cotío bonitos soños que representaban belas historias de amor, e máis aquela noite, despois dun momento tan especial coma a gran batalla sexual que viña de librar. A miña mente levoume a un mundo colorido, onde todo cambiaba de lugar, cor e forma de maneira continua, pero sempre me remitía ao seu recordo. En cada forma que tiña ante min, eu percibía os luceiros da súa cara ollándome, coa mirada perdida, aos poucos no teito do meu cuarto e aos poucos no máis profundo das miñas retinas, as súas cellas que non deixaban de moverse con inquedanza, a súa boca que me bisbeaba cousas ao oído. Incluso percibín unha lixeira brisa que me ulía a ela, e metíase en min facéndome recordar os seus beizos bicándome, percorrendo cada milímetro da miña pel. Os seus peitos cravándose no meu peito, as súas pernas entre as que eu me perdía nun movemento doce e celestial, que me transportaba á gloria, ao máis placenteiro dos paraísos, o seu pelo alborotado, que se mecía sen control. Entón, a brisa soplou un pouco máis forte, producíndose o clímax do momento, e atopeime nunha nova paisaxe, tranquila, na que os paxaros asubiaban alegres melodías cheas de ledicia, e cando se facía un silencio momentáneo podíase escoitar un río, que discorría preto de ningures. Mesmo se podía sentir a paz. Entón apareceu ela de novo, e pasei a ollar a felicidade, para cando se achegou a min, e coa súa doce voz me falou cariñosamente ao oído ventar o AMOR. Ela era ese soño maravilloso do que ninguén querería espertar. Ela era a paz, a intelixencia, o cariño, a bondade, a beleza, a dozura e o amor encerrados nun só corpo. Na paz da súa presenza fun abandonando o mundo da subrealidade, e, unha vez que aterrei neste mundo, quedeime cos ollos pechados por un intre, lamentando ter saído daquel soño, pero cando abrín lentamente as miñas pálpebras e a vin ao meu carón, alegreime de vivir para contemplar aquilo. Era igual que no soño, pero mil veces mellor. Despois de pasar un bo anaco ollando a súa cariña de anxo, agarreime fortemente a ela e durmín, pois... de que me servía manterme esperto se ela non estaba de espírito presente?



Espero que vos gustase, agora téñome que ir a un exame, do que espero volver con boas novas.

viernes, 14 de noviembre de 2008

VAGHANSIA... AI QUE PERESA!!

Ola a todos e todas:


Bueno, en realidade non e a vagancia, senón a falta de inspiracion, pero acaso é a falta inspiración outra cousa que a vagancia da nosa mente? Supoño que non. Pero tampouco o sei, e como a min non me gusta falar do que non sei, procederei a escribirvos unhas premisas para ser uns vagos como Deus manda. Como comprenderedes non os inventei eu, senón que os collín dun libro, pero ese libro está moi pero que moi ben, así que procedo:

LOS 20 MANDAMIENTOS DEL VAGO:

1. Amarás al colchón sobre todas las cosas.
2. Con diez colchones por banda; y el pijama de su abuela; se va a dormir a pierna suelta;
un cabestro bergantín. (Ou en galego adaptada como:un cabestro palanquín)
3. Santificarás las siestas.
4. Ama al pijama como a ti mismo.
5. Roncando se entiende la gente.
6. Tras la tempestad, viene la cama.
7. A somier muerto, somier puesto.
8. Cuando el grajo vuela bajo ese día no trabajo.
9. No hagas hoy lo que puedas dejar para mañana.
10. Duermo, luego existo.
11. Más vale pijama en mano que ciento volando.
12. A Dios roncando y con el despertador sonando.
13. De bien nacido es ser adormecido.
14. De tal vago, tal siestecilla.
15. A buen sesteador, pocas almohadas bastan.
16. Bienaventurados los que duermen, porque de ellos será el reino de los sueños.
17. A quien madruga, Dios le tortura.
18. Quien a buen sofá se arrima, buena siesta le cobija.
19. En un lugar de la cama, de cuyo nombre no puedo acordarme porque me estoy quedando sopa...zzzZZZzzzZzzZZ

Nota: Sólo hay 19, pero me daba pereza anotarlos todos.


E ENGADO UNHAS CANTAS FRASES CELEBRES EN RELACIÓN CO TEMA:

"O home é o único animal que se pega dúas veces a mesma sesta" - Sócrates&Platón

"O traballo dignifica, pero a sesta glorifica" - Filemón Pi

"¡Siesta a la vista!" - Colón, no seu primeiro viaxe a América.

"Colchón, non son digno de que entres na miña cama, pero unha almofada túa abondará para deitarme" - Frase bíblica

"Que la siesta te acompañe" - Obi Van Kenobi

"Mi tesooroooo" - Gollum ( aferrándose a unha cama)

"Zzzzzzzzzzzzzz" - Eu en canto acabe de escribir isto

Pois nada, sinto non ter producido nada propio, pero bueno... aer se mañá hai máis sorte...

Saúdos a todos e todas



PD: A frase "Ai que peresa" copieina de miña prima Lidia, que nadie me acuse de apropiarme de nada... jaja


jueves, 13 de noviembre de 2008

TORMENTAS E TORMENTOS

Onte, cando escribín esta historia non estaba demasiado inspirado, pero bueno... isto é o que saiu:

Reinaban naquela noite de novembro a tranquilidade e o silencio, pero este rompeuse despois daquel lóstrego que iluminou o ceo por un intre, cando soou un forte trono. Un daqueles tronos que tanto aterraba a Tomás cando, sendo un pícaro, escoitaba da súa avoa que aqueles infernais ruidos eran os que facían as nubes cando estaban anoxadas. Tomás criárase cos seus avós desde a morte da súa nai sendo el un bebé, e que fora seguida da encarcelación do seu pai, tras unha gran maraña de trampas, mentiras e outras "simpatías" coas que conseguiu culpalo do tráxico suicidio da moza, que o xuíz dictaminou como homicidio voluntario. Máis ben vivía coa súa avoa, xa que o seu avó traballaba e pasaba o día fóra da casa, só viña á casa á hora da cea, e pola mañá erguíase ben cedo. Por esta razón, malia ás explicacións do avó que lle dicía que non tiña que ter medo dos tronos, que as nubes discutían entre elas, e como eran tan grandes, a súa voz era así de forte, era a avoa quen pasaba máis tempo con el, e dicíalle a Tomás que el era o unico culpable de que seu pai matara á súa muller, e agora tivera que cumplir condena no cárcere, e que iso era propio dun rapaz malo, e por iso agora as nubes clamaban vinganza.
O pobre do cativo pasaba noites e noites chorando, e cando durmía tiña pesadelos terribles. Pese aos intentos do avó de evitar esta situación, e mesmo de afastar a Tomás da súa avoa que tanto dano lle estaba a causar, foi imposible; el tiña que traballar para vivir, e a vella sempre atopaba a maneira de saírse coa súa. Tomás tíñalle tanto medo á súa avoa que non se atrevía a levarlle a contra, nin a facer nada que a puidese incomodar. Nunca chegou a esquecer todas aquelas noites de sufrimento. Chegado un momento, o seu avó caeu enfermo e el chorou e chorou, e rezoulles aos tronos... díxolles que o seu avó non tiña culpa do mal que el fixera, e que se querían castigalo o levaran a el, ao verdadeiro culpable de todo. Pouco a pouco o avó de Tomás foise recuperando, pero alguén ocupou o seu lugar. A avoa comezou a perder as súas forzas pouco a pouco. Á fin quedou amarrada a unha cama da que xa non podía levantarse, pero na que durou máis de dúas décadas, mantida viva probablemente polo veleno que había no seu interior. E ocorreu que cando ese trono rompeu o silencio daquela noite de novembro, Tomás ollou unha vez máis á súa avoa, xusto no momento en que esta entrepechou os ollos para despois dun intre pechalos de forma definitiva, dando lugar a unha longa, silenciosa e sen tronos noite de velorio.


Esperando que sexa do voso agrado despídome por hoxe:

un saúdo a todos e todas.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

CANDO NON SABES SE VIVES OU SOÑAS...PARTE II

Con este anaco que vos presento a continuación remata este relato, pero intentarei ter unha boa historia que contarvos mañá, ben, aquí tedes o ansiado final:

Á fin armeime de valor, ou como bo galego podo dicir que lle botei collóns e, ainda que me andaba o cu adentro e a fóra, saín da casa unha vez máis, lanterna en man e con cara de zombi, a causa do sono. Sen decatarme, funme dirixindo cara ao garaxe, e escoitei uns ruidos causados por uns gatos que andaban a enredar por riba da leña acumulada nunha morea a carón do garaxe. Pronto deixei de prestarlle atención, e foi entón cando, de súpeto, escoitei de novo aquel estrepitoso ruido. O meu corazón latía cada vez máis a présa, mais aquela merda de lanterna cada vez alumeaba menos. A pesar disto, á fin conseguín descubrir a orixe do barullo, que estaba nuns vellos bidóns de pintura, baleiros dende había ben tempo, e nos que os gatos do carallo desfrutaban meténdose e facéndoos chincar e bater uns contra outros, armando todo aquel rebumbio. Lembrándome dos gatos, das súas nais e cagándome ata no patiño feo, decidín que era hora de voltar á cama e esquecer todo aquilo, polo menos ata a hora de ir á clase e contárllelo aos demais e rirnos todos xuntos. Botei a andar cara á casa con aquel ruido aínda rondándome a mente. Na miña cabeza seguía a resoar aquel BANG! "Ei, un momento! Iso que acaba de soar foi un disparo! Dende cando os meus gatos cazan con escopeta?" Entón escoitei unsegundo disparo á vez que sentín unha estraña presión no peito. Sentín tantas cousas á vez... mesturándose o medo co pánico e co canguelo... e a un mesmo tempo a incredulidade, recordos... lembreime de todas as persoas importantes da miña vida, imaxinándoos dándome o último adeus, imáxinandome a miña cadeira baleira na clase, pensando sobre todo nos meus seres máis queridos, meus pais e a miña moza. Pensei en todos os amigos, que me apoiaron e sobre todo aqueles que me repetían que me estaban agradecidos de tantas cousas. Nun instante moi pero que moi breve tiven tempo de pensar no pasado, presente e futuro, un futuro próximo sen min... ata que, entreabrindo os ollos conseguín situarme mentalmente entre as catro paredes dun hospital, cunha rara sensación no meu tórax. Bastante aturdido aínda, tratei de recordar con detalle o que pasara antes de chegar ao hospital, pero vinme interrumpido cando nalgún lugar preto de min comezou a soar "Highway to Hell". "Hostia! Pero que enrollados neste hospital!"-Pensei, xusto antes de que, tras un rápido pechar e abrir de ollos, me decatase de cal era a realidade, ou polo menos a historia que estou a vivir actualmente, da que pode que desperte calquera día e me atope nun país máis colorido que a bandeira gay vista por Bob Marley. Aquela canción que estaba a soar non era outra cousa que o espertador do meu móvil que me advertía de que eran as 7:00 da mañá, e que se non espabilaba perdería o bus como de costume. "Merda, agora á clase! Martes? Buá! Filo á primeira... Bueno, terei tempo de, mentres Ceferino esbardalla, escribir todo o que soñei esta noite! Porque... TODO foi un soño, non si?


Pois si que é enrevesada esta historia... mimadriña!!

Bueno, pois espero que vos guste, e intentarei que a miña próxima historia sexa un pouco mellor

Tede paciencia!

Saúdos a todos e todas

martes, 11 de noviembre de 2008

CANDO NON SABES SE VIVES OU SOÑAS... PARTE I

SOÑOS...REALIDADE...CONFUSIÓN... QUE BEN SOA!!
Esta historia escribina na clase... supoño que está un pouco basada na historia de Sá, na que ten aínda sen rematar de publicar... pero bueno, espero que ninguén se enfade por iso!


Aí vai:


Hai veces en que non queremos durmir porque temos medo dos pesadelos que nos espreitan, pero creo que é moito máis terrible non querer espertar porque a nosa vida é un inferno. Eu, persoalmente, adoito ter soños agradables, ás veces moi fermosos, e en ocasións semellan incluso contos de fadas, pero quedaríame sempre esperto porque a miña realidade supera ao soño máis belo que se poida ter; a miña realidade es TI
_______________________________________________________

Neste relato poderedes ver como soños e realidade ás veces poden chegar a confundirse, e por iso debedes ter coidado, moito coidado... Nunca sabes o que te podes atopar no momento menos agardado... Dende levantar o testo da cazola e atopar os espaguetes carbonizados, ata ver á túa avoa mexando debaixo da viña, ou a teu pai cantando na ducha. Pero, agora ben, tamén nos pode sorprender un ruido... un forte ruido... aquel maldito ruido que me arrincou tan sobresaltadamente do meu sono. Ollei cara ao espertador, eran as 3:42 da madrugada. Calcei o primeiro que atopei e busquei unha camiseta, collín a miña lanterna e saín do meu cuarto, disposto a investigar a causa daquel inmenso e inoportuno ruido. A primeira sorpresa leveina cando, ao chegar á porta e saír ao exterior, vin que o amencer estaba a piques de chegar. Consultei o meu reloxo de pulseira, que me revelou que eran as 6:37 da mañá. "Merda! Estou soñando ou que carallo?" Voltei ao meu cuarto para meterme na cama, xa que era o lugar que eu consideraba máis adecuado para durmir naquel intre. Pero non todo iba ser tan fácil, como puiden comprobar cando cheguei de novo ao meu cuarto, pensando no calorciño das sabas e entón vin que o espertador seguía a marcar as 3:42, o cal me deixou algo confuso nun primeiro intre... aqueles números vermellos que relocían na escuridade do cuarto... e foi xustamente iso o que me deixou paralizado de pánico: por qué non marcaba ben a hora se seguía a funcionar? Sen que puidese pensar en ningunha posible catástrofe que puidera estar a piques de suceder, voltou ese ruido que horas, ou minutos, cecais días que a min se me antollaron séculos me viñera espertar... ou todo formaba parte do meu soño? O mellor era comprobalo por min mesmo. Ou sería un erro?




Continuará na próxima entrada

lunes, 10 de noviembre de 2008

PRESENTACIÓN

Hola a todos.

En primeiro lugar presentareime ante todos aqueles e aquelas que lean isto, aínda que supoño que todos os que o estades a facer me coñecedes.

Chámome Eugenio Barral Prieto, alias Geno. Non teño unha gran formación cultural, e digo isto para evitar que ninguén pense que vou de entendido!!
Gústame escoitar música, pero así a rumbo... gústame metallica, AC/DC, Extremoduro, Heredeiros Da Crus... e tamén me gusta o jazz. Ah! Un inciso... tamén me gusta cantar na ducha!
Gústame facer deporte, principalmente taekwondo e ciclismo.
Gústame saír por aí de troula, como non!
E gústanme as rapazas guapas!!
Antes de seguir escribindo direi que teño moza, que é moi riquiña, e que hoxe, día 10 de novembro do 2008, mentres estou a escribir isto, cúmprese un ano dende que estou con ela.
Non sei que máis poñer...

Ah! Podo contarvos o motivo de que creara este blog...

Pois foi porque a gran Sá me incitou a que o fixera... e aquí estou... esperando poder tan sequera escribir algo que poida parecer aceptable [escribo en galego intentando respetar as normas, pero aceptábel sona MOI MAL!] pois ao lado de Sá... jajaja

Espero non aburrirme demasiado pronto deste blog, e que vós non vos aburrades tampouco.

Síntoo se cometín algun erro no texto, pero é que non estou habituado a escribir no ordenador sen abreviar, e pode que se me colara algun que outro erro.


Sen máis déixovos que esperedes a miña próxima entrada, que a ver se me sae unha historia decente.


Saúdos a todos e todas.