EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

sábado, 15 de noviembre de 2008

Máis soños... e QUE SOÑOS!

Ola un día máis a todos e a todas. Onte non estaba inspirado, pero despois de falar coa miña raíña entroume a inspiración de golpe, tanto que me metín na cama, e pese a ter moitísimo sono, escribin todo este relato que a continuación vos presento, e que espero que vos guste:
___________________________________________________

Só tiven que pechar os ollos para pasar da escuridade do meu cuarto ao mundo da fantasía e da ilusión; o mundo dos soños. Xa por aquel entón andaba eu moi namorado, e tiña a cotío bonitos soños que representaban belas historias de amor, e máis aquela noite, despois dun momento tan especial coma a gran batalla sexual que viña de librar. A miña mente levoume a un mundo colorido, onde todo cambiaba de lugar, cor e forma de maneira continua, pero sempre me remitía ao seu recordo. En cada forma que tiña ante min, eu percibía os luceiros da súa cara ollándome, coa mirada perdida, aos poucos no teito do meu cuarto e aos poucos no máis profundo das miñas retinas, as súas cellas que non deixaban de moverse con inquedanza, a súa boca que me bisbeaba cousas ao oído. Incluso percibín unha lixeira brisa que me ulía a ela, e metíase en min facéndome recordar os seus beizos bicándome, percorrendo cada milímetro da miña pel. Os seus peitos cravándose no meu peito, as súas pernas entre as que eu me perdía nun movemento doce e celestial, que me transportaba á gloria, ao máis placenteiro dos paraísos, o seu pelo alborotado, que se mecía sen control. Entón, a brisa soplou un pouco máis forte, producíndose o clímax do momento, e atopeime nunha nova paisaxe, tranquila, na que os paxaros asubiaban alegres melodías cheas de ledicia, e cando se facía un silencio momentáneo podíase escoitar un río, que discorría preto de ningures. Mesmo se podía sentir a paz. Entón apareceu ela de novo, e pasei a ollar a felicidade, para cando se achegou a min, e coa súa doce voz me falou cariñosamente ao oído ventar o AMOR. Ela era ese soño maravilloso do que ninguén querería espertar. Ela era a paz, a intelixencia, o cariño, a bondade, a beleza, a dozura e o amor encerrados nun só corpo. Na paz da súa presenza fun abandonando o mundo da subrealidade, e, unha vez que aterrei neste mundo, quedeime cos ollos pechados por un intre, lamentando ter saído daquel soño, pero cando abrín lentamente as miñas pálpebras e a vin ao meu carón, alegreime de vivir para contemplar aquilo. Era igual que no soño, pero mil veces mellor. Despois de pasar un bo anaco ollando a súa cariña de anxo, agarreime fortemente a ela e durmín, pois... de que me servía manterme esperto se ela non estaba de espírito presente?



Espero que vos gustase, agora téñome que ir a un exame, do que espero volver con boas novas.

1 comentario:

Sarynha dijo...

eugee, que non estaba no msn! que tiven que ir a o super antes de que pechara!xDD.

aii, gustoume o relatoo, tiña ahí parte erótica e todo. jaja.

joee, eu sigo sin inspiracion algunha... quen o diria pero... necesito unha clase con veloso xa!xDD. e que o viernes o ser ultima ora non estaba eu concentrada.

vueno, voume cambiar.
Muaaaá!