EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

jueves, 26 de abril de 2012

Soneto da Esperanza

Aló onde remata o camiño
dixémosche adeus despois que te foras,
e se nos ves dende o lugar que moras
saberás que non se esquece o cariño.

Non mellora cos anos coma o viño,
non é como foi nas primeiras horas,
máis hai ás veces momentos de choras
de quen añora o teu caloriño

Se foi Deus quen te arrincou da Terra
sería pra rodearse dos mellores,
cántos misterios esta vida encerra!

Sempre axudaches a quen tiña dores,
ata que esa enfermidade perra
deixou ao mundo sen os teus amores.

lunes, 23 de abril de 2012

I jaf a drim

Tiven un soño,
un soño fermoso,
era, como soño,
moi fantasioso;

eramos libres
o mundo era noso
non había crise
nin rastro voso
nin rastro de cartos
viviamos do troco.

Non había ricos
non había chupóns
non había mangantes
tocándonos os collóns;
Fóra capitalismo,
fóra eleccións
que mande o macho alfa,
sigamos a evolución
cada un que rece o que queira
pois ninguén nolo impón.

Podiamos pensar e dicir o que pensabamos.
Se algo estaba mal a un acordo chegabamos.
Ás veces había hostias, non era todo perfecto
pero arranxabámolo nós non vos precisabamos.
Non había porras nin bolas de goma
non había monas tocándonos a pirola
non existían nike, burguer king nin CocaCola
pero logo espertei de novo nesta realidade tola

miércoles, 18 de abril de 2012

SONETO DA DAMA DE BRANCO

Pel de pantasma, de carbón o pelo;
no seu rostro dous negros túneis sen fin,
os seus beizos brancos faltos de carmín,
sangue nas veas parece non telo.

Quedas atrapado sen poder velo,
eu cunha soa mirada caín,
só con ollarme apoderouse de min;
non tentes fuxer, non podes facelo.

Ela volve a túa vida escura,
xa non serás máis dono da túa vida,
caerás na máis inmensa loucura,

farás o que queira sen que cho pida;
se probas a súa amarga dozura
será a túa dama preferida

martes, 3 de abril de 2012

El mundo se desmorona sobre mí, y no contento con aplastarme y hacerme daño, me deja salir vivo, me deja ver la luz, me ofrece una nueva esperanza, únicamente para volver a derrumbarse aplastándome de nuevo. Si existe alguien ahí arriba moviendo los hilos de este mundo, por favor, QUE SE VAYA A LA PUTA MIERDA!!!