EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

jueves, 20 de noviembre de 2008

Je suis dans un monde parfait

Recordo unha vez, sendo un cativo, que soñei que tiña ao meu carón a muller máis fermosa, máis adorable e máis cariñosa que un home podía sequera imaxinar. Recordo moi ben aquel soño, que ocupou a miña cabeza durante unha boa tempada. Durante anos vivín soñando con que o meu soño se cumprise. Agora, só soño, que xa se fixo realidade, con que o meu soño non remate nunca!!

Exame de bioloxía mañá... mecajonascetosasenabilirrubina!!

sábado, 15 de noviembre de 2008

Máis soños... e QUE SOÑOS!

Ola un día máis a todos e a todas. Onte non estaba inspirado, pero despois de falar coa miña raíña entroume a inspiración de golpe, tanto que me metín na cama, e pese a ter moitísimo sono, escribin todo este relato que a continuación vos presento, e que espero que vos guste:
___________________________________________________

Só tiven que pechar os ollos para pasar da escuridade do meu cuarto ao mundo da fantasía e da ilusión; o mundo dos soños. Xa por aquel entón andaba eu moi namorado, e tiña a cotío bonitos soños que representaban belas historias de amor, e máis aquela noite, despois dun momento tan especial coma a gran batalla sexual que viña de librar. A miña mente levoume a un mundo colorido, onde todo cambiaba de lugar, cor e forma de maneira continua, pero sempre me remitía ao seu recordo. En cada forma que tiña ante min, eu percibía os luceiros da súa cara ollándome, coa mirada perdida, aos poucos no teito do meu cuarto e aos poucos no máis profundo das miñas retinas, as súas cellas que non deixaban de moverse con inquedanza, a súa boca que me bisbeaba cousas ao oído. Incluso percibín unha lixeira brisa que me ulía a ela, e metíase en min facéndome recordar os seus beizos bicándome, percorrendo cada milímetro da miña pel. Os seus peitos cravándose no meu peito, as súas pernas entre as que eu me perdía nun movemento doce e celestial, que me transportaba á gloria, ao máis placenteiro dos paraísos, o seu pelo alborotado, que se mecía sen control. Entón, a brisa soplou un pouco máis forte, producíndose o clímax do momento, e atopeime nunha nova paisaxe, tranquila, na que os paxaros asubiaban alegres melodías cheas de ledicia, e cando se facía un silencio momentáneo podíase escoitar un río, que discorría preto de ningures. Mesmo se podía sentir a paz. Entón apareceu ela de novo, e pasei a ollar a felicidade, para cando se achegou a min, e coa súa doce voz me falou cariñosamente ao oído ventar o AMOR. Ela era ese soño maravilloso do que ninguén querería espertar. Ela era a paz, a intelixencia, o cariño, a bondade, a beleza, a dozura e o amor encerrados nun só corpo. Na paz da súa presenza fun abandonando o mundo da subrealidade, e, unha vez que aterrei neste mundo, quedeime cos ollos pechados por un intre, lamentando ter saído daquel soño, pero cando abrín lentamente as miñas pálpebras e a vin ao meu carón, alegreime de vivir para contemplar aquilo. Era igual que no soño, pero mil veces mellor. Despois de pasar un bo anaco ollando a súa cariña de anxo, agarreime fortemente a ela e durmín, pois... de que me servía manterme esperto se ela non estaba de espírito presente?



Espero que vos gustase, agora téñome que ir a un exame, do que espero volver con boas novas.

viernes, 14 de noviembre de 2008

VAGHANSIA... AI QUE PERESA!!

Ola a todos e todas:


Bueno, en realidade non e a vagancia, senón a falta de inspiracion, pero acaso é a falta inspiración outra cousa que a vagancia da nosa mente? Supoño que non. Pero tampouco o sei, e como a min non me gusta falar do que non sei, procederei a escribirvos unhas premisas para ser uns vagos como Deus manda. Como comprenderedes non os inventei eu, senón que os collín dun libro, pero ese libro está moi pero que moi ben, así que procedo:

LOS 20 MANDAMIENTOS DEL VAGO:

1. Amarás al colchón sobre todas las cosas.
2. Con diez colchones por banda; y el pijama de su abuela; se va a dormir a pierna suelta;
un cabestro bergantín. (Ou en galego adaptada como:un cabestro palanquín)
3. Santificarás las siestas.
4. Ama al pijama como a ti mismo.
5. Roncando se entiende la gente.
6. Tras la tempestad, viene la cama.
7. A somier muerto, somier puesto.
8. Cuando el grajo vuela bajo ese día no trabajo.
9. No hagas hoy lo que puedas dejar para mañana.
10. Duermo, luego existo.
11. Más vale pijama en mano que ciento volando.
12. A Dios roncando y con el despertador sonando.
13. De bien nacido es ser adormecido.
14. De tal vago, tal siestecilla.
15. A buen sesteador, pocas almohadas bastan.
16. Bienaventurados los que duermen, porque de ellos será el reino de los sueños.
17. A quien madruga, Dios le tortura.
18. Quien a buen sofá se arrima, buena siesta le cobija.
19. En un lugar de la cama, de cuyo nombre no puedo acordarme porque me estoy quedando sopa...zzzZZZzzzZzzZZ

Nota: Sólo hay 19, pero me daba pereza anotarlos todos.


E ENGADO UNHAS CANTAS FRASES CELEBRES EN RELACIÓN CO TEMA:

"O home é o único animal que se pega dúas veces a mesma sesta" - Sócrates&Platón

"O traballo dignifica, pero a sesta glorifica" - Filemón Pi

"¡Siesta a la vista!" - Colón, no seu primeiro viaxe a América.

"Colchón, non son digno de que entres na miña cama, pero unha almofada túa abondará para deitarme" - Frase bíblica

"Que la siesta te acompañe" - Obi Van Kenobi

"Mi tesooroooo" - Gollum ( aferrándose a unha cama)

"Zzzzzzzzzzzzzz" - Eu en canto acabe de escribir isto

Pois nada, sinto non ter producido nada propio, pero bueno... aer se mañá hai máis sorte...

Saúdos a todos e todas



PD: A frase "Ai que peresa" copieina de miña prima Lidia, que nadie me acuse de apropiarme de nada... jaja


jueves, 13 de noviembre de 2008

TORMENTAS E TORMENTOS

Onte, cando escribín esta historia non estaba demasiado inspirado, pero bueno... isto é o que saiu:

Reinaban naquela noite de novembro a tranquilidade e o silencio, pero este rompeuse despois daquel lóstrego que iluminou o ceo por un intre, cando soou un forte trono. Un daqueles tronos que tanto aterraba a Tomás cando, sendo un pícaro, escoitaba da súa avoa que aqueles infernais ruidos eran os que facían as nubes cando estaban anoxadas. Tomás criárase cos seus avós desde a morte da súa nai sendo el un bebé, e que fora seguida da encarcelación do seu pai, tras unha gran maraña de trampas, mentiras e outras "simpatías" coas que conseguiu culpalo do tráxico suicidio da moza, que o xuíz dictaminou como homicidio voluntario. Máis ben vivía coa súa avoa, xa que o seu avó traballaba e pasaba o día fóra da casa, só viña á casa á hora da cea, e pola mañá erguíase ben cedo. Por esta razón, malia ás explicacións do avó que lle dicía que non tiña que ter medo dos tronos, que as nubes discutían entre elas, e como eran tan grandes, a súa voz era así de forte, era a avoa quen pasaba máis tempo con el, e dicíalle a Tomás que el era o unico culpable de que seu pai matara á súa muller, e agora tivera que cumplir condena no cárcere, e que iso era propio dun rapaz malo, e por iso agora as nubes clamaban vinganza.
O pobre do cativo pasaba noites e noites chorando, e cando durmía tiña pesadelos terribles. Pese aos intentos do avó de evitar esta situación, e mesmo de afastar a Tomás da súa avoa que tanto dano lle estaba a causar, foi imposible; el tiña que traballar para vivir, e a vella sempre atopaba a maneira de saírse coa súa. Tomás tíñalle tanto medo á súa avoa que non se atrevía a levarlle a contra, nin a facer nada que a puidese incomodar. Nunca chegou a esquecer todas aquelas noites de sufrimento. Chegado un momento, o seu avó caeu enfermo e el chorou e chorou, e rezoulles aos tronos... díxolles que o seu avó non tiña culpa do mal que el fixera, e que se querían castigalo o levaran a el, ao verdadeiro culpable de todo. Pouco a pouco o avó de Tomás foise recuperando, pero alguén ocupou o seu lugar. A avoa comezou a perder as súas forzas pouco a pouco. Á fin quedou amarrada a unha cama da que xa non podía levantarse, pero na que durou máis de dúas décadas, mantida viva probablemente polo veleno que había no seu interior. E ocorreu que cando ese trono rompeu o silencio daquela noite de novembro, Tomás ollou unha vez máis á súa avoa, xusto no momento en que esta entrepechou os ollos para despois dun intre pechalos de forma definitiva, dando lugar a unha longa, silenciosa e sen tronos noite de velorio.


Esperando que sexa do voso agrado despídome por hoxe:

un saúdo a todos e todas.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

CANDO NON SABES SE VIVES OU SOÑAS...PARTE II

Con este anaco que vos presento a continuación remata este relato, pero intentarei ter unha boa historia que contarvos mañá, ben, aquí tedes o ansiado final:

Á fin armeime de valor, ou como bo galego podo dicir que lle botei collóns e, ainda que me andaba o cu adentro e a fóra, saín da casa unha vez máis, lanterna en man e con cara de zombi, a causa do sono. Sen decatarme, funme dirixindo cara ao garaxe, e escoitei uns ruidos causados por uns gatos que andaban a enredar por riba da leña acumulada nunha morea a carón do garaxe. Pronto deixei de prestarlle atención, e foi entón cando, de súpeto, escoitei de novo aquel estrepitoso ruido. O meu corazón latía cada vez máis a présa, mais aquela merda de lanterna cada vez alumeaba menos. A pesar disto, á fin conseguín descubrir a orixe do barullo, que estaba nuns vellos bidóns de pintura, baleiros dende había ben tempo, e nos que os gatos do carallo desfrutaban meténdose e facéndoos chincar e bater uns contra outros, armando todo aquel rebumbio. Lembrándome dos gatos, das súas nais e cagándome ata no patiño feo, decidín que era hora de voltar á cama e esquecer todo aquilo, polo menos ata a hora de ir á clase e contárllelo aos demais e rirnos todos xuntos. Botei a andar cara á casa con aquel ruido aínda rondándome a mente. Na miña cabeza seguía a resoar aquel BANG! "Ei, un momento! Iso que acaba de soar foi un disparo! Dende cando os meus gatos cazan con escopeta?" Entón escoitei unsegundo disparo á vez que sentín unha estraña presión no peito. Sentín tantas cousas á vez... mesturándose o medo co pánico e co canguelo... e a un mesmo tempo a incredulidade, recordos... lembreime de todas as persoas importantes da miña vida, imaxinándoos dándome o último adeus, imáxinandome a miña cadeira baleira na clase, pensando sobre todo nos meus seres máis queridos, meus pais e a miña moza. Pensei en todos os amigos, que me apoiaron e sobre todo aqueles que me repetían que me estaban agradecidos de tantas cousas. Nun instante moi pero que moi breve tiven tempo de pensar no pasado, presente e futuro, un futuro próximo sen min... ata que, entreabrindo os ollos conseguín situarme mentalmente entre as catro paredes dun hospital, cunha rara sensación no meu tórax. Bastante aturdido aínda, tratei de recordar con detalle o que pasara antes de chegar ao hospital, pero vinme interrumpido cando nalgún lugar preto de min comezou a soar "Highway to Hell". "Hostia! Pero que enrollados neste hospital!"-Pensei, xusto antes de que, tras un rápido pechar e abrir de ollos, me decatase de cal era a realidade, ou polo menos a historia que estou a vivir actualmente, da que pode que desperte calquera día e me atope nun país máis colorido que a bandeira gay vista por Bob Marley. Aquela canción que estaba a soar non era outra cousa que o espertador do meu móvil que me advertía de que eran as 7:00 da mañá, e que se non espabilaba perdería o bus como de costume. "Merda, agora á clase! Martes? Buá! Filo á primeira... Bueno, terei tempo de, mentres Ceferino esbardalla, escribir todo o que soñei esta noite! Porque... TODO foi un soño, non si?


Pois si que é enrevesada esta historia... mimadriña!!

Bueno, pois espero que vos guste, e intentarei que a miña próxima historia sexa un pouco mellor

Tede paciencia!

Saúdos a todos e todas

martes, 11 de noviembre de 2008

CANDO NON SABES SE VIVES OU SOÑAS... PARTE I

SOÑOS...REALIDADE...CONFUSIÓN... QUE BEN SOA!!
Esta historia escribina na clase... supoño que está un pouco basada na historia de Sá, na que ten aínda sen rematar de publicar... pero bueno, espero que ninguén se enfade por iso!


Aí vai:


Hai veces en que non queremos durmir porque temos medo dos pesadelos que nos espreitan, pero creo que é moito máis terrible non querer espertar porque a nosa vida é un inferno. Eu, persoalmente, adoito ter soños agradables, ás veces moi fermosos, e en ocasións semellan incluso contos de fadas, pero quedaríame sempre esperto porque a miña realidade supera ao soño máis belo que se poida ter; a miña realidade es TI
_______________________________________________________

Neste relato poderedes ver como soños e realidade ás veces poden chegar a confundirse, e por iso debedes ter coidado, moito coidado... Nunca sabes o que te podes atopar no momento menos agardado... Dende levantar o testo da cazola e atopar os espaguetes carbonizados, ata ver á túa avoa mexando debaixo da viña, ou a teu pai cantando na ducha. Pero, agora ben, tamén nos pode sorprender un ruido... un forte ruido... aquel maldito ruido que me arrincou tan sobresaltadamente do meu sono. Ollei cara ao espertador, eran as 3:42 da madrugada. Calcei o primeiro que atopei e busquei unha camiseta, collín a miña lanterna e saín do meu cuarto, disposto a investigar a causa daquel inmenso e inoportuno ruido. A primeira sorpresa leveina cando, ao chegar á porta e saír ao exterior, vin que o amencer estaba a piques de chegar. Consultei o meu reloxo de pulseira, que me revelou que eran as 6:37 da mañá. "Merda! Estou soñando ou que carallo?" Voltei ao meu cuarto para meterme na cama, xa que era o lugar que eu consideraba máis adecuado para durmir naquel intre. Pero non todo iba ser tan fácil, como puiden comprobar cando cheguei de novo ao meu cuarto, pensando no calorciño das sabas e entón vin que o espertador seguía a marcar as 3:42, o cal me deixou algo confuso nun primeiro intre... aqueles números vermellos que relocían na escuridade do cuarto... e foi xustamente iso o que me deixou paralizado de pánico: por qué non marcaba ben a hora se seguía a funcionar? Sen que puidese pensar en ningunha posible catástrofe que puidera estar a piques de suceder, voltou ese ruido que horas, ou minutos, cecais días que a min se me antollaron séculos me viñera espertar... ou todo formaba parte do meu soño? O mellor era comprobalo por min mesmo. Ou sería un erro?




Continuará na próxima entrada

lunes, 10 de noviembre de 2008

PRESENTACIÓN

Hola a todos.

En primeiro lugar presentareime ante todos aqueles e aquelas que lean isto, aínda que supoño que todos os que o estades a facer me coñecedes.

Chámome Eugenio Barral Prieto, alias Geno. Non teño unha gran formación cultural, e digo isto para evitar que ninguén pense que vou de entendido!!
Gústame escoitar música, pero así a rumbo... gústame metallica, AC/DC, Extremoduro, Heredeiros Da Crus... e tamén me gusta o jazz. Ah! Un inciso... tamén me gusta cantar na ducha!
Gústame facer deporte, principalmente taekwondo e ciclismo.
Gústame saír por aí de troula, como non!
E gústanme as rapazas guapas!!
Antes de seguir escribindo direi que teño moza, que é moi riquiña, e que hoxe, día 10 de novembro do 2008, mentres estou a escribir isto, cúmprese un ano dende que estou con ela.
Non sei que máis poñer...

Ah! Podo contarvos o motivo de que creara este blog...

Pois foi porque a gran Sá me incitou a que o fixera... e aquí estou... esperando poder tan sequera escribir algo que poida parecer aceptable [escribo en galego intentando respetar as normas, pero aceptábel sona MOI MAL!] pois ao lado de Sá... jajaja

Espero non aburrirme demasiado pronto deste blog, e que vós non vos aburrades tampouco.

Síntoo se cometín algun erro no texto, pero é que non estou habituado a escribir no ordenador sen abreviar, e pode que se me colara algun que outro erro.


Sen máis déixovos que esperedes a miña próxima entrada, que a ver se me sae unha historia decente.


Saúdos a todos e todas.