EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

miércoles, 12 de noviembre de 2008

CANDO NON SABES SE VIVES OU SOÑAS...PARTE II

Con este anaco que vos presento a continuación remata este relato, pero intentarei ter unha boa historia que contarvos mañá, ben, aquí tedes o ansiado final:

Á fin armeime de valor, ou como bo galego podo dicir que lle botei collóns e, ainda que me andaba o cu adentro e a fóra, saín da casa unha vez máis, lanterna en man e con cara de zombi, a causa do sono. Sen decatarme, funme dirixindo cara ao garaxe, e escoitei uns ruidos causados por uns gatos que andaban a enredar por riba da leña acumulada nunha morea a carón do garaxe. Pronto deixei de prestarlle atención, e foi entón cando, de súpeto, escoitei de novo aquel estrepitoso ruido. O meu corazón latía cada vez máis a présa, mais aquela merda de lanterna cada vez alumeaba menos. A pesar disto, á fin conseguín descubrir a orixe do barullo, que estaba nuns vellos bidóns de pintura, baleiros dende había ben tempo, e nos que os gatos do carallo desfrutaban meténdose e facéndoos chincar e bater uns contra outros, armando todo aquel rebumbio. Lembrándome dos gatos, das súas nais e cagándome ata no patiño feo, decidín que era hora de voltar á cama e esquecer todo aquilo, polo menos ata a hora de ir á clase e contárllelo aos demais e rirnos todos xuntos. Botei a andar cara á casa con aquel ruido aínda rondándome a mente. Na miña cabeza seguía a resoar aquel BANG! "Ei, un momento! Iso que acaba de soar foi un disparo! Dende cando os meus gatos cazan con escopeta?" Entón escoitei unsegundo disparo á vez que sentín unha estraña presión no peito. Sentín tantas cousas á vez... mesturándose o medo co pánico e co canguelo... e a un mesmo tempo a incredulidade, recordos... lembreime de todas as persoas importantes da miña vida, imaxinándoos dándome o último adeus, imáxinandome a miña cadeira baleira na clase, pensando sobre todo nos meus seres máis queridos, meus pais e a miña moza. Pensei en todos os amigos, que me apoiaron e sobre todo aqueles que me repetían que me estaban agradecidos de tantas cousas. Nun instante moi pero que moi breve tiven tempo de pensar no pasado, presente e futuro, un futuro próximo sen min... ata que, entreabrindo os ollos conseguín situarme mentalmente entre as catro paredes dun hospital, cunha rara sensación no meu tórax. Bastante aturdido aínda, tratei de recordar con detalle o que pasara antes de chegar ao hospital, pero vinme interrumpido cando nalgún lugar preto de min comezou a soar "Highway to Hell". "Hostia! Pero que enrollados neste hospital!"-Pensei, xusto antes de que, tras un rápido pechar e abrir de ollos, me decatase de cal era a realidade, ou polo menos a historia que estou a vivir actualmente, da que pode que desperte calquera día e me atope nun país máis colorido que a bandeira gay vista por Bob Marley. Aquela canción que estaba a soar non era outra cousa que o espertador do meu móvil que me advertía de que eran as 7:00 da mañá, e que se non espabilaba perdería o bus como de costume. "Merda, agora á clase! Martes? Buá! Filo á primeira... Bueno, terei tempo de, mentres Ceferino esbardalla, escribir todo o que soñei esta noite! Porque... TODO foi un soño, non si?


Pois si que é enrevesada esta historia... mimadriña!!

Bueno, pois espero que vos guste, e intentarei que a miña próxima historia sexa un pouco mellor

Tede paciencia!

Saúdos a todos e todas

2 comentarios:

Sarynha dijo...

Eugeeeeeeeeee, encaaaántaame! *_*
joo, eu non sei darlle eses tonos humoriisiticoss, teño que aprender iso de tii :)
como molaa!

espero outra impaciente.

un biquiiño ^^

Lanselor dijo...

Un principio prometedor, un final inesperado.

No es lo que me esperaba. Pero me gusta. ^^.

Gracias por avisarme de que lo habias escrito esperaré al proximo. Tienes un toque personal en tu forma de escribir que me gusta.