Aló onde remata o camiño
dixémosche adeus despois que te foras,
e se nos ves dende o lugar que moras
saberás que non se esquece o cariño.
Non mellora cos anos coma o viño,
non é como foi nas primeiras horas,
máis hai ás veces momentos de choras
de quen añora o teu caloriño
Se foi Deus quen te arrincou da Terra
sería pra rodearse dos mellores,
cántos misterios esta vida encerra!
Sempre axudaches a quen tiña dores,
ata que esa enfermidade perra
deixou ao mundo sen os teus amores.
EU
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Genooo!
que boniiiiito!encantoumee!genial!!!!
Vas a ser o Dante ou o Petrarca do s XXI!!! jajajaja
Publicar un comentario