EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

sábado, 9 de mayo de 2009

XY

O 19 de decembro do pasado ano, nun fotolog aparecía o seguinte texto(que para ser sincero mos puxo de garavata cando o lin):

X
chamábase el e Y chamábase ela.
Pasaban as tardes xuntos, sorrindo baixo a sombra dun carballo. Entón el ollou para ela e, acercou os seus beizos os dela. Logo marchou. Ela quedou queda, os seus ollos humedeceron. Sabía que el non iba voltar, nin eses beizos a volverían bicar.


·

·

2 días máis tarde, nese mesmo fotolog puiden ler isto:

Pechou os ollos, desexando que aquilo non pasara.
Comezou a chover nos seus ollos. El voltou a ollala e sacando un pano do seu peto secoulle as bágoas.
- Non chores miña nena, esto non é o final, senón unha breve pausa.


·

·

Hoxe, a 10 de maio de 2009, estou a escribir este texto:

X ten chorado
moitas veces logo daquilo... Y xamais o fixo en circunstancias semellantes! Y só chora cando non pode máis, cando se non chora rebenta... X chora cando lle peta, cando decide que non quere aguantar as ganas de chorar... X chora de felicidade, de tristura, de rabia, do que faga falla! Y chora de rabia ou de desesperación, pero xamais chora por X. Nunca o fixo. Fai un ano e medio que Y e X comparten algo máis que unha amizade que foi crecendo á par do amor que existe entre eles. E a estas alturas, os dous saben só con mirarse aos ollos, que o outro vai estar aí sempre e máis despois, e por iso X está disposto a pasarse a vida chorando de felicidade como adoita facer, aínda que teña que deixar o soldo en panos de papel, pois nunca experimentou nin experimentará ledicia comparable á de saber que Y estará ao seu carón para coidar do seu inmenso xardín de palmeiras!

Aquí adxunto probas da autenticidade de ambos fragmentos:
http://www.fotolog.com/melii_puu/73309513
http://www.fotolog.com/melii_puu/73409080

1 comentario:

Sarynha dijo...

Oh, qe bonito :D

gustame verte escribir eugee!

euu, penso que son máis como X que como Y, eu choro por todo. jajaja.

en fin, xa falta pouco para rematar, duas semanas e teremos liberdade. jojojo.

un besiiiño ^^