EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

domingo, 6 de mayo de 2012

FELIZ DÍA Á MULLER MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Fun remolón xa para saír
E non deixei de selo nunca.
Logo de 21 anos
Inda hoxe é coma aquel día
Cando necesitaba do calor,
Inda que era primavera,
Dos teus maternos brazos,
Agarimándome sempre,
Do teu corpo
E do teu ventre, do que eu
Saín un bo día.

Moitas felicidades por ter un fillo
Así, que te quere un montón, e
Moitas gracias por terme criado tan ben
Aínda sen ter o manual de instruccións.

No hay comentarios: