EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

sábado, 25 de julio de 2009

Un diluvio sen arca II

Foise a luz e os edificios seguían caendo un tras doutro. Tomás non sabía se chorar, se berrar, se abrir os brazos ao ceo e agardar o milagre... En realidade estaba a facer un pouco de todo á vez. Entón, advertindo que a masacre seguía a aproximarse a gran velocidade pola súa dereita, derrubando edificios como se foran castelos de naipes feitos no aire, volveu ollar cara a ventá e comprobou con angustia que dun remuíño de vento nacera un tornado que ía aumentando en tamaño e intensidade a medida que se achegaba pola súa esquerda. Tomás lanzouse ao chan do seu cuarto, meteu a cabeza entre os brazos e coma un cadelo asustado ficou quedo ata sentir un forte temblor, que durou unhas décimas de segundo que a el se lle antollaron eternas. Logo... nada! Non se derrubara o edificio. O balbordo da auga pola rúa a moitos metros do chan, así como o estrépito co que os edificios caían un a un foise afastando sen que Tomás puidera comprender que diaño estaba a pasar. Correu á fiestra unha vez máis e comprendeu que aquel tornado se producira no instante preciso e coa intensidade precisa para atoparse coa forte corrente de auga no punto preciso para desviala. Así foi que o tornado avanzou libre por onde a auga xa actuara sen piedade, e abriu a corrente en dúas, de maneira que continuou a destrución uns metros máis aló da vivenda do noso pequeno protagonista.
Tomás xa non sabía se estaba esperto, se estaba a soñar ou se tal vez se atopaba dentro dunha película de medo. Entón recordou aquela voz que falara antes do diluvio e sacando medio corpo pola xanela berrou cos brazos abertos ao ceo: “Deus, es ti, verdade? Grazas por acordarte de min!” Entón o ceo abriuse por un momento, e esta vez a voz soou moi feminina, aínda que forte e retumbante: “Non, Tomás, non son Deus, pois se o fose non estaría da miña man castigar a toda esta xente. Deus só é quen de castigar a quen ten fe e teme os seus castigos, e só pode axudar a quen cre na súa axuda. Por iso isto só o podo facer eu, porque a min sí que pertencedes todos vós, os mesmos que me estabades a matar dende dentro. Son a Natureza e podes chamarme Gaia”

Esperado, inesperado... enfin... espero que vos gustase.
PD: O desenlace estaba pensado dende o principio, cando escribín a primeira parte xa tiña unha idea sobre o final, aínda que a fun redactando según a iba escribindo, pero o final xa estaba pensado antes que nada, xDDD

1 comentario:

Sarynha dijo...

sabes qe? antes estaba eu dandome un baño toda tranquila, pensando nunha istoria qe poderia escribir, e acordeime da tua, e dixen... oH! pero se eu antes lin a historia de Euge..e... para min qe non a comentei... :/
e o asunto foi qe cando acabei de ler a primeira, colgouseme o moden... (malditoo!!¬¬) e non me iba internet, e reiniciei o pc, e puxen o scaner de paso x se tiña algun virus, e logo... olvideime!!xD.

pero bueno, que me gustou mooito ^^ Gaia mola jaja.
vou ler agora a outra! xDDD