EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

martes, 11 de noviembre de 2008

CANDO NON SABES SE VIVES OU SOÑAS... PARTE I

SOÑOS...REALIDADE...CONFUSIÓN... QUE BEN SOA!!
Esta historia escribina na clase... supoño que está un pouco basada na historia de Sá, na que ten aínda sen rematar de publicar... pero bueno, espero que ninguén se enfade por iso!


Aí vai:


Hai veces en que non queremos durmir porque temos medo dos pesadelos que nos espreitan, pero creo que é moito máis terrible non querer espertar porque a nosa vida é un inferno. Eu, persoalmente, adoito ter soños agradables, ás veces moi fermosos, e en ocasións semellan incluso contos de fadas, pero quedaríame sempre esperto porque a miña realidade supera ao soño máis belo que se poida ter; a miña realidade es TI
_______________________________________________________

Neste relato poderedes ver como soños e realidade ás veces poden chegar a confundirse, e por iso debedes ter coidado, moito coidado... Nunca sabes o que te podes atopar no momento menos agardado... Dende levantar o testo da cazola e atopar os espaguetes carbonizados, ata ver á túa avoa mexando debaixo da viña, ou a teu pai cantando na ducha. Pero, agora ben, tamén nos pode sorprender un ruido... un forte ruido... aquel maldito ruido que me arrincou tan sobresaltadamente do meu sono. Ollei cara ao espertador, eran as 3:42 da madrugada. Calcei o primeiro que atopei e busquei unha camiseta, collín a miña lanterna e saín do meu cuarto, disposto a investigar a causa daquel inmenso e inoportuno ruido. A primeira sorpresa leveina cando, ao chegar á porta e saír ao exterior, vin que o amencer estaba a piques de chegar. Consultei o meu reloxo de pulseira, que me revelou que eran as 6:37 da mañá. "Merda! Estou soñando ou que carallo?" Voltei ao meu cuarto para meterme na cama, xa que era o lugar que eu consideraba máis adecuado para durmir naquel intre. Pero non todo iba ser tan fácil, como puiden comprobar cando cheguei de novo ao meu cuarto, pensando no calorciño das sabas e entón vin que o espertador seguía a marcar as 3:42, o cal me deixou algo confuso nun primeiro intre... aqueles números vermellos que relocían na escuridade do cuarto... e foi xustamente iso o que me deixou paralizado de pánico: por qué non marcaba ben a hora se seguía a funcionar? Sen que puidese pensar en ningunha posible catástrofe que puidera estar a piques de suceder, voltou ese ruido que horas, ou minutos, cecais días que a min se me antollaron séculos me viñera espertar... ou todo formaba parte do meu soño? O mellor era comprobalo por min mesmo. Ou sería un erro?




Continuará na próxima entrada

2 comentarios:

Lanselor dijo...

La verdad es que me ha enganchado el texto. Tengo ganas de saber poq que se paró el reloj :|.


Soy alex,el novio de Lidia.

Sarynha dijo...

eugeee, como mooolaaa.
encaantameee! jooo, eu queria escribir asi de ben en galego, pero e que nunca me salen as palabras como en castelán... juum...
encantoume o de ver mexar a aboa debaixo da viña, jajaja. un toque umorístico sempre queda xenial. :)
bueno, vou subir a miña historia e despois a poñerme con galego, que teño mañá exame...
agardo impaciente a continuacion :)
Muaaaá