EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

lunes, 10 de noviembre de 2008

PRESENTACIÓN

Hola a todos.

En primeiro lugar presentareime ante todos aqueles e aquelas que lean isto, aínda que supoño que todos os que o estades a facer me coñecedes.

Chámome Eugenio Barral Prieto, alias Geno. Non teño unha gran formación cultural, e digo isto para evitar que ninguén pense que vou de entendido!!
Gústame escoitar música, pero así a rumbo... gústame metallica, AC/DC, Extremoduro, Heredeiros Da Crus... e tamén me gusta o jazz. Ah! Un inciso... tamén me gusta cantar na ducha!
Gústame facer deporte, principalmente taekwondo e ciclismo.
Gústame saír por aí de troula, como non!
E gústanme as rapazas guapas!!
Antes de seguir escribindo direi que teño moza, que é moi riquiña, e que hoxe, día 10 de novembro do 2008, mentres estou a escribir isto, cúmprese un ano dende que estou con ela.
Non sei que máis poñer...

Ah! Podo contarvos o motivo de que creara este blog...

Pois foi porque a gran Sá me incitou a que o fixera... e aquí estou... esperando poder tan sequera escribir algo que poida parecer aceptable [escribo en galego intentando respetar as normas, pero aceptábel sona MOI MAL!] pois ao lado de Sá... jajaja

Espero non aburrirme demasiado pronto deste blog, e que vós non vos aburrades tampouco.

Síntoo se cometín algun erro no texto, pero é que non estou habituado a escribir no ordenador sen abreviar, e pode que se me colara algun que outro erro.


Sen máis déixovos que esperedes a miña próxima entrada, que a ver se me sae unha historia decente.


Saúdos a todos e todas.

2 comentarios:

Sarynha dijo...

gústame iso da gran Sá (ainda que sexa irónico, porque son pequena, jajaja).
o de cantar na ducha, boisimo! :)
e sii, espero impaciente algunha historia.
eu e que en galego, acostumo a escribir as historias de risa, ainda que o premio que gañei o ano pasado, era en galego e era unha historia triste, subireina un dia destes.
en fiin euge, que pablo estame a berrar porque non dou subido o meu fragmento de hoxe. jiji.
deixote xa.
benvido. un biquiiño (K)

Sarynha dijo...

PD: para apodos a parte de geno, tamen mencionar Euge. que eu coñencinte por ese. xD