EU

Mi foto
Vilalonga-Sanxenxo, Pontevedra, Spain

viernes, 24 de julio de 2009

Un diluvio sen arca I

Era unha tarde escura do mes de novembro. De súpeto abriuse o ceo e saiu unha voz grave, forte e seria, con tono de enfado, que dicía: “Así pagades a oportunidade que vos dei para vivir? Terase que repetir a historia do diluvio unha vez máis!” Tomás estaba no seu cuarto cando isto ocorreu, e asomárase a fiestra para ver o que pasaba. Puxéronselle de garavata ao ver e escoitar aquilo.
De xeito case instantáneo, o ceo pechouse de novo, e as nubes q antes eran escuras, voltáronse agora dunha cor estrana, entre un negro ameazador e un violeta iracundo. Comezou a chover e Tomás que sempre fora un rapaz concienciado no aforro enerxético e no respeto á natureza, pensou que el non merecía estar incluído naquel terrible castigo. Dende ben pequecho, ensinado polos seus pais, así como polos seus mestres na escola, sempre fixera o que estaba nas súas mans para reciclar, aforrar auga e enerxía, contaminar menos, etc. Por iso pensou que se Deus era quen estaba a facer aquilo, sabería o que tiña que facer, e quen era ou non era merecedor do castigo ou da salvación. Por iso, malia que con algo de inquedanza, tratou de seguir coa súa vida máis ou menos normal, como se só fose un día máis de chuvia. Pero na televisión e na radio as noticias de mortes por aquel diluvio sucedíanse cada vez con máis frecuencia, os danos materiais e persoais eran catastróficos, a auga corría polas rúas de cidades e vilas de todo o mundo arrastrando casas e estradas, e chegando a xerar ondas que engulían os máis altos rañaceos do mundo. De súpeto, unha onda xigante entrou con gran furia na rúa onde vivía Tomás, e comezou a arrasar con todo o que atopaba. Nos medios de telecomunicacións non daban abasto, e Tomás comezaba a desesperarse. Entón a radio perdeu sinal, e a imaxe e son da televisión foron como absorvidas dentro do propio televisor. Foise a luz e os edificios seguían caendo...

1 comentario:

Sarynha dijo...

e qe lle pasou a Tomás? xDDD
gustame.
e tamen me gusta qe escribas e subas cousas ^^